miércoles, 25 de enero de 2023

A CANDELORIA


DÍA DA  CANDELORIA

2 DE FEBREIRO


Esta celebración ven de moi antigo, dos tempos celtas. En Galicia é o día do casamento dos paxaros. E representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.

A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. 

A voda dos paxariños 

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

Refráns polo Día da Candeloria

  • Pola Candeloria ningunha ave voa soa.

  • Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se a Candeloria ri, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario