martes, 14 de febrero de 2023

I CENTENARIO DO PASAMENTO DE MANUEL MURGUÍA

Este mes de febreiro cúmprese o centenario do pasamento de Manuel Murguía, historiador, escritor e creador e primeiro presidente da Real Academia Galega.

Con tal motivo o profesorado dun grupo de centros de ensino coruñeses elaboraron un paquete de actividades sobre Murguía destinada ao alumnado de primaria.



Clicade na imaxe.




sábado, 11 de febrero de 2023

jueves, 9 de febrero de 2023

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA 1


O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña, comparte con nós estas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro,  dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .

 

Contan coa colaboración da Real Academia Galega e a Fundación Casa de Rosalía. Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.

 

As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas. Deixamos aquí abaixo o enlace a todo o material (Edugaliza)

Edugaliza

miércoles, 8 de febrero de 2023