miércoles, 26 de abril de 2017

CARLOS CASARES

Preséntovos unha escolma de actividades realizadas por rapaces e rapazas doutros coles para que vós sirvan de inspiración.

Contacontos das aventuras de Toribio


A galiña azul coa canción das cuncas


Adaptación da obra "Lolo anda en bicicleta"


lunes, 20 de febrero de 2017

Día de Rosalía

O próximo 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía e para recordala deixámosvos estes dous videos.

Rosalía pequeniña cantada por Uxía



Adios ríos, adios fontes   versión de Lucía Pérez



Adiós ríos, adiós fontes

Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!
[…]
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
[…]
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
[…]
¡Adiós tamén, queridiña…
Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás…
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

domingo, 27 de noviembre de 2016

Novos poemas de outono


Tal é como vos prometemos aquí están as novas achegas de poemas. Orixinais, creativos, coloridos... podemos usar moitos adxectivos pero ningún sería capaz de transmitir o que nos fan sentir.