Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María.
CANDO O AUTOR FALA DE SI
Eu son de Outeiro de Rei
viliña da Terra Chá,
onde aprendí a viver
e a soñar con libertá.
Teño dous grandes amigos
de trato noble e sinxelo:
o caudaloso Pai Miño
e o regato de Cepelo...!
Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escreber.
En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡Comigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!
Casamos. Quixo o destino
-ou cecáis a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.
Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...
Profesión...¡procurador!
Ando a exercer coma tal
pro sempre usei dese oficio
dun xeito limpo e cabal.
Hai quen di que son autor
prolífico e incontinente.
¡Ben o sinto!¡E teño mágoa
de non ser máis competente!
E aquí sigo: ledo, ufano,
satisfeito de estar vivo.
Mentras o tempo me gasta:
¡paseo, leo e escribo...!
Ola !!!
ResponderEliminarE super bonito ese poema
Nerea casas
Ola !!!
ResponderEliminarE super bonito ese poema
Nerea casas