Os nenos e nenas de 2ºB e 4º B son moi creativos e para os apadriñamentos lectores elaboraron un dominó con adiviñas, cando o tiveron acabado foron, ao salón de actos, xogar con el . Pasárono xenial!
Este venres, 22 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, dende o EDLG propuxemos dúas actividades:
-lectura de poemas encadeados de 6º a infantil
- Agasallar ao comercio local de Oroso con poemas de Rosalía.
Nenos e nenas de 6º acompañaron aos de 1º a infantil para ler "Parece unha rosa"
poemas no pavillón
Paula pegando o poema de Rosalía "Adios ríos, adios fontes" na porta da peluquería da súa nai.
Seguimos coa lectura de contos, primeiro foi Rodrigo acompañado de Carla e Marta con "Corre , corre cabaciña" e para rematar Ana e María leron "Quen levou a Lúa?
Xa estamos esperando o próximo martes. Que conto será?