O noso mural de Rosalía cada vez ten menos ocos.
Seguiremos poñendo fotos para que vexades como medra o noso coñecemento desta gran muller e gran escritora.
miércoles, 27 de febrero de 2019
domingo, 24 de febrero de 2019
Día de Rosalía
Este venres, 22 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, dende o EDLG propuxemos dúas actividades:
-lectura de poemas encadeados de 6º a infantil
- Agasallar ao comercio local de Oroso con poemas de Rosalía.
Nenos e nenas de 6º acompañaron aos de 1º a infantil para ler "Parece unha rosa"
-lectura de poemas encadeados de 6º a infantil
- Agasallar ao comercio local de Oroso con poemas de Rosalía.
Nenos e nenas de 6º acompañaron aos de 1º a infantil para ler "Parece unha rosa"
poemas no pavillón
Paula pegando o poema de Rosalía "Adios ríos, adios fontes" na porta da peluquería da súa nai.
martes, 19 de febrero de 2019
Corre cabaciña
Seguimos coa lectura de contos, primeiro foi Rodrigo acompañado de Carla e Marta con "Corre , corre cabaciña" e para rematar Ana e María leron "Quen levou a Lúa?
Xa estamos esperando o próximo martes. Que conto será?
lunes, 11 de febrero de 2019
Apadriñamentos lectores
Todos os martes, os nenos e nenas de 6ºB, visitarán aos nenos de infantil 5ºB para lerlles contos. Xa comezaron Carla e Marta coa Ratiña presumida, Laura e Uxío con Quen pode vencer ao vento e este último martes foron Emma e Samuel que lle contaron Lobo feroz .
Mirade que ben o pasaron. Seguiremos poñendo imaxes dos outros grupos de padriños e madriñas cos seus afillados, isto non fixo máis que empezar!
miércoles, 6 de junio de 2018
VISITA DE MARÍA CANOSA
Hoxe o alumnado de 5º recibeu a visita de María Canosa, que veu a contarnos moitas cousas de Muriel, ese neno que bota de menos a súa avoa. A que lle contaba contos, lle facía bufandas, coa que conversaba e que un día xa non está con eles. A súa perda non o deixa durmir ata que un bo día aparece Figaro e Blim, e a historia da un cambio inesperado.
María transmite ternura e ilusión nas súas palabras as mesmas que usa nos seus libros.
Gracias María, esperámoste co próximo libro!
sábado, 10 de marzo de 2018
CONCURSO RECITADO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"
O 10 de marzo, os nosos nenos de 1º de Primaria participaron no Concurso de recitado "Rosalía sempe viva" na casa-museo Manuel María. Recitaron e cantaron "A vaca", do libro Os soños na gaiola. Aquí deixámosvos este video para que vexades que ben o fixeron.
miércoles, 26 de abril de 2017
CARLOS CASARES
Preséntovos unha escolma de actividades realizadas por rapaces e rapazas doutros coles para que vós sirvan de inspiración.
Contacontos das aventuras de Toribio
A galiña azul coa canción das cuncas
Adaptación da obra "Lolo anda en bicicleta"
Contacontos das aventuras de Toribio
A galiña azul coa canción das cuncas
Adaptación da obra "Lolo anda en bicicleta"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















