domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Este venres,  22 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, dende o EDLG propuxemos dúas actividades:
 -lectura de poemas encadeados de 6º a infantil
- Agasallar ao comercio local de Oroso con poemas de Rosalía.

Nenos e nenas de 6º acompañaron aos de  1º a infantil para ler  "Parece unha rosa"



                                                     
  poemas no pavillón                                                                                                                                                







Paula pegando o poema de Rosalía "Adios ríos, adios fontes" na porta da peluquería da súa nai.






martes, 19 de febrero de 2019

Corre cabaciña


Seguimos coa lectura de contos, primeiro  foi Rodrigo acompañado de Carla e Marta con "Corre , corre cabaciña" e para rematar Ana e María leron  "Quen levou a Lúa?           
Xa estamos esperando o próximo martes. Que conto será?





lunes, 11 de febrero de 2019

Apadriñamentos lectores



Todos os martes,  os nenos e nenas de 6ºB,  visitarán aos nenos de infantil 5ºB   para lerlles contos. Xa comezaron Carla e Marta coa Ratiña presumida, Laura e Uxío con Quen  pode vencer ao vento e este último martes foron Emma e Samuel  que lle contaron Lobo feroz .
Mirade que  ben o pasaron. Seguiremos poñendo imaxes dos outros grupos de padriños e madriñas cos seus afillados, isto non fixo máis que empezar!




miércoles, 6 de junio de 2018

VISITA DE MARÍA CANOSA




Hoxe o alumnado de 5º recibeu a visita de María Canosa, que veu a contarnos moitas cousas de Muriel, ese neno que bota de menos a súa avoa. A que lle contaba contos, lle facía bufandas, coa que conversaba e que un día xa non está con eles. A súa perda non o deixa durmir ata que un bo día aparece Figaro e Blim, e a historia da un cambio inesperado.

María transmite ternura e ilusión nas súas palabras as mesmas que usa nos seus libros.

      Gracias María, esperámoste co próximo libro!



                                            

sábado, 10 de marzo de 2018

CONCURSO RECITADO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

O 10 de marzo, os nosos nenos de 1º de Primaria participaron no Concurso de recitado "Rosalía sempe viva" na casa-museo Manuel María. Recitaron e cantaron "A vaca", do libro Os soños na gaiola. Aquí  deixámosvos este video para que vexades que ben o fixeron.


miércoles, 26 de abril de 2017

CARLOS CASARES

Preséntovos unha escolma de actividades realizadas por rapaces e rapazas doutros coles para que vós sirvan de inspiración.

Contacontos das aventuras de Toribio


A galiña azul coa canción das cuncas


Adaptación da obra "Lolo anda en bicicleta"


lunes, 20 de febrero de 2017

Día de Rosalía

O próximo 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía e para recordala deixámosvos estes dous videos.

Rosalía pequeniña cantada por Uxía



Adios ríos, adios fontes   versión de Lucía Pérez



Adiós ríos, adiós fontes

Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!
[…]
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
[…]
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
[…]
¡Adiós tamén, queridiña…
Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás…
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!