viernes, 27 de mayo de 2016
Concurso Manuel María
Unha das actividades que fixemos no cole na semán das Letras Galegas foi o concurso Manuel María.
Comenzamos colocando 10 carteis coa axuda dos nenos e nenas de 4º na rampla da entrada ao cole. Neles estaban as respostas as preguntas do concurso.


Colocamos as caixas e os papeis coas preguntas para as tres categorias: 1º - 2º , 3º - 4º e 5º -6º
Os premios eran tres libros, de Manuel María, por categoría . Foron entregados o venres 20 , día da Celebración das Letras Galegas no cole.
EXPOSICIÓN GALICIA COS TEUS OLLOS
Así quedou a exposición:

Que fixemos coas vosas fotos, con elas podemos percorrer sitios tan fermosos como: a fervenza do Ézaro, a praia das Catedrais, os castros de Castromao e Santa Tegra, e moitos máis repartidos polas catro provincias galegas que podedes ver se visitades a nosa exposición.

Gracias a todos/as pola vosa colaboración!!!
jueves, 12 de mayo de 2016
Cando sopra o norteduro
Esta é a versión en galego que fixeron os nenos e nenas de 2º de primaria coa poesía de Rosalia de Castro
miércoles, 11 de mayo de 2016
Entrevista a Manuel María
Esta entrevista foi un traballo realizado por Tanía Fraga Cores, alumna de 6º, deste centro, no curso 1999-2000.
Manuel María asistía en Ordes a un acto organizado pola Asociación Obradoiro da Historia. Tanía aproveitou para entrevistalo e publicalo na Revista" Oroso Escolar"
Este é un documento de inestimable valor para nós que queremos compartir con vós.
Para recordar con moito agarimo a Manuel María
Manuel María asistía en Ordes a un acto organizado pola Asociación Obradoiro da Historia. Tanía aproveitou para entrevistalo e publicalo na Revista" Oroso Escolar"
Este é un documento de inestimable valor para nós que queremos compartir con vós.
Para recordar con moito agarimo a Manuel María
Manuel María
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María.
CANDO O AUTOR FALA DE SI
Eu son de Outeiro de Rei
viliña da Terra Chá,
onde aprendí a viver
e a soñar con libertá.
Teño dous grandes amigos
de trato noble e sinxelo:
o caudaloso Pai Miño
e o regato de Cepelo...!
Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escreber.
En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡Comigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!
Casamos. Quixo o destino
-ou cecáis a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.
Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...
Profesión...¡procurador!
Ando a exercer coma tal
pro sempre usei dese oficio
dun xeito limpo e cabal.
Hai quen di que son autor
prolífico e incontinente.
¡Ben o sinto!¡E teño mágoa
de non ser máis competente!
E aquí sigo: ledo, ufano,
satisfeito de estar vivo.
Mentras o tempo me gasta:
¡paseo, leo e escribo...!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)