Esta foi a chapa elexida para agasallar a toda a comunidade co autor homenaxeado nas Letras
Galegas 23.
Esta foi a chapa elexida para agasallar a toda a comunidade co autor homenaxeado nas Letras
Galegas 23.
Este mes de febreiro cúmprese o centenario do pasamento de Manuel Murguía, historiador, escritor e creador e primeiro presidente da Real Academia Galega.
Con tal motivo o profesorado dun grupo de centros de ensino coruñeses elaboraron un paquete de actividades sobre Murguía destinada ao alumnado de primaria.
Clicade na imaxe.
O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña, comparte con nós estas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro, dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .
Contan coa colaboración da Real Academia Galega e a Fundación Casa de Rosalía. Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.
As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas. Deixamos aquí abaixo o enlace a todo o material (Edugaliza)
-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades interactivas en formato Genially
Clicade no seguinte enlace para vela
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5
-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD.Infantil:
https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP:
https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP:
https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP:
https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c
DÍA DA CANDELORIA
2 DE FEBREIRO
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
Refráns polo Día da Candeloria
Pola Candeloria ningunha ave voa soa.
Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se a Candeloria ri, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.